UXIO E AMIGOS (GALLEGO)

UXIO E AMIGOS (GALLEGO)
UXIO E AMIGOS (GALLEGO)
ref 959429
31/07/2026
ASTIBERRI EDICIONES
COMICS 20x26, color

EAN: 9788418909757
Idioma: Español

Autor: Martin Romero
Para mellores amigos a partir de 6 anos O autor de historieas e animador audiovisual Martín Romero volve cun novo cómic infantil. Trátase das novas aventuras de Uxío, ese neno imaxinativo e soñador que se deu a coñecer coa publicación do cómic homónimo Uxío (Astiberri, 2020). Neste novo álbum, que se pode ler de forma independente ao primeiro, non é a de Uxío a única voz que se escoita. Tamén escoitamos a Ana, a súa mellor amiga, quen se fixo un oco ao seu carón na portada, a Rosenda ou a Álex, uns amigos que conforman o seu universo actual, cada vez máis aberto. O primeiro álbum era ideal para lectores a partir de seis anos ou con algunhas dificultades de lectura. Uxío e amigos é unha nova historia perfecta para primeiros lectores en castelán, euskera, catalán ou galego, que inclúe mensaxes tan importantes coma o valor da socialización e a inclusión ou o coidado do medio ambiente. Nesta entrega, descúbrense novas historias sinxelas, coloridas, poéticas e moitas veces surrealistas. Algunhas son curtas coma un aforismo, outras longas coma unha tarde con amigos. E Romero non se esquece de crear novas páxinas lúdicas, ao engadir nesta ocasión dous xogos de mesa nas gardas. No seu momento, Sergio Benítez calificara Uxío -premio Castelao de cómic infantil en 2019-, no blog especializado Fancueva, de "claro exemplo de como entender á perfección o imaxinativo mundo infantil (...) se hai algo que me gañou de Uxío, ademais da simpleza da súa formulación visual, é a insistencia de Romero ao longo de toda a lectura por enfiar, de xeito moi sutil e case imperceptible, pequenas leccións vitais desas que calquera pai con dous dedos de fronte quixera que o seu fillo ou filla tivera no seu acervo."

PVP: 14.00 € 13.30
0.00 $
0.00 £




En distribución. Envio aprox. de 1 a 7 días laborables*
FaceBook Twitter Google Meneame Email
Producto anterior
UXIO ETA LAGUNAK (EUSKERA)
Producto Siguiente
UXIO Y SUS AMIGOS
Contactar / Sistema de subscripciones / Preguntas/F.A.Q. / condiciones de compra / Seguimiento de pedidos
Atención al cliente: 951 600 072. De lunes a sábados de 10h a 14h y de 17h a 21h.
(**) Las ofertas de gastos de envio gratuitos son válidas para el pedido completo, y sólo para pedidos nacionales.